A nós, os galegos, de tanto buscar maneiras de ser no que
nos é alleo, sempre fomos máis propicios a querer non facer que a facer, e
píntanos ben cando nos pinta ben. Por iso aqueles que non queremos ser súbditos
nin de deuses nin doutros homes, quédanos a solución de ser republicanos, pois
a República non fai falla facela; a República é participar, compartir, e
iso é intrínseco, no que se dá en chamar
unha sociedade civilizada.
Noutra
terminoloxía dáselle en chamar Patria, ou sexa ao que nos chamamos « A Terra »,
e aí xorde o desexo de que sexa Nosa Terra, sempre desde a Nosa República -ben
entendido. Eu non coñezo outra maneira -irmá de todas as outras, por ser
cidadáns, ou aldeáns do mundo (esta máis apropiada definición de nós e dos que
habitamos a Nosa Terra) que pexorativaron os viláns –definición que eu
pexorativo – precisamente porque nós, nunca xamais, exercemos nin de patróns de
ninguén, nin de nós mesmos, senón persoas libres, tanto cidadáns como aldeáns.
A liberdade tal que ela é, non estraga nin Terra nin os suxeitos dela, cousa
que si fan os pexorativos viláns, que están asentados nesta Terra Nosa, coma se deles fose tamén, e –moitas
veces- fan todo para estragala e para que sexa súa. Visto está que a súa
concepción de patria non é a nosa, son os cartos.
A Patria e a
Terra non son os bípedes que poboamos nela, nós non somos máis que habitantes
transitorios da Nosa Terra. Moitos dende xeracións lonxincuas viven nela coma
sinxelos turistas, e son ben deles. Todo isto fainos asemellar que son poucas
as xentes que, ao final, quedan integradas verdadeiramente na Terra e, entre
elas, moitas que chegaron de turistas e quedaron para facer parte non integrada
de nós, renunciando a ser e a estar, pero tamén sen querer deixar de selo. Por
isto é esta proclamación da Nosa República Galega.
Sem comentários:
Enviar um comentário