quarta-feira, 12 de junho de 2013

SIDRA GALEGA PRA FESTA DA REPÚBLICA

Outra das novidades que vai haber ese dia, e a presentación da SIDRA DE INVERNO GALEGA. A organización en vistas do éxito do ano pasado tamén coa sidra de Bergantiños, este ano fixo exclusivamente para a festa da República sidra de inverno. Elaboradas só con mazáns autóctonas (albaronas, verdeales, sapas, vilelas...) de Soandres, na Laracha, recuperouse esta tradición case esquecida. Só vai a ser posíbel probala ese día, xa que esta sidra artesanal non está a venda en ningún lado.Un bo día para celebrar bebendo e comendo con produtos do país. Quen queira tamén pode traer a dar a coñecer e vender os seus produtos da terra.

Sem comentários:

Enviar um comentário