BILLARDA
Sábado 29 de Xuño
as 12 H. na estasión vella do tren na Pontaghra en Ordes varios colectivos
volven a orghanisar un ano máis a Festa da República Ghalegha. Este ano
celebrase ó 82 aniversário da súa proclamasión. Entre os actos e actividades
proghramadas para ese día está a do ABERTO da REPÚBLICA.
Preparade os
paláns e afiade as billardas que vai ser un aberto bravo. Billardeiras e
billardeiros de todolos curros do país van a competir por ghañar este III
Aberto da República.
Xa sabes, antes
de vir, fecha as ghaliñas por se che vai o raposo; prende o can non vaia a ser
que morda a visiña; trae ao teu home, a túa muller e aos cativos. E non
esquezas tamén de traer a túa soghra,
que mentres xoghas a billarda deixala na sesión vermute bailando un agharrado
con alghún rapas novo da orghanisasión. O soghro que se agharre no bochinche a
unha sidra do país. E se non que partisipen tamén no aberto.
O sitio é
criminal. Unha antigha estación co riú ao lado. Non o penses máis e trae a túa tortilla, empanada, rixóns… e
xanta alí con nós.
Máis informasión: http://festadarepublicagalega.blogspot.com.es/
Sem comentários:
Enviar um comentário