sexta-feira, 24 de maio de 2013

Os Quinquillans na Festa da República

OS QUINQUILLÁNS  somos unha compañía especializada en TEATRO DE RÚA e tamén en TEATRO INFANTIL .
O noso teatro é moi participativo e dirixido a todos os públicos.
Gústannos os temas relacionados coa historia e coa literatura.
Levamos ao teatro temas especificamente galegos e tamén universais, por iso no noso historial fixemos adaptacións como  Gulliver ou  Moby Dic, pero tamén indagamos na emigración con A Diáspora, recreamos a Idade Media con Irmandiños ou tratamos a vida do Século XIX con Arrieiros.
OS QUINQUILLÁNS é unha compañía especializada no  teatro de rúa e nas montaxes infantís . Desde 1989 levan  producidos  máis  20 espectáculos  participando en festivais, feiras de teatro , cabalgatas , eventos históricos, teatros , prazas e rúas…….
Convidámoste a ver toda esta información en www.quinquillans.com

Sem comentários:

Enviar um comentário