sexta-feira, 24 de maio de 2013

Documento inédito sobre a proclamaçom da República Galega em 1931

 
http://galizalivre.org/?q=noticia/17.01.2012/documento-dito-sobre-proclama-om-da-rep-blica-galega-em-1931

Apresentamos o fac-similado e a transcriçom íntegra de um documento até o de agora inédito, que conseguimos na Galiciana, a Biblioteca Digital da Galiza. Trata-se do comunicado do Comité Revolucionário Arredista Galego de Havana perante a notícia da proclamaçom da República Galega de 1931, assinada polo seu presidente G. Enxebre Justiz, que nom é outro que o Fuco G. Gomes. A nota encoraja os galegos de Havana a colaborarem com a «revoluçom arredista», enviando recursos ou pegando nas armas. Achega, ademais, novos dados sobre a repercussom internacional da insurreiçom, como o cesse das comunicaçons marítimas com Portugal. Assim, pouquinho a pouco, e à margem das instituiçons que sempre marginárom a nossa história, vamos recuperando trechos da nossa memória e orgulho coletivo. Eis a transcriçom na ortografia original no que foi redigido:

PROCRAMADA NA GALIZA UNHA REPUBRICA INDEPENDENTE!!

Os galegos en Cuba debemos sumar-nos â revoluzón arredista qui se iniziou na nosa Patria, d´onde acaban de chegar nodizas de qui as autoridás locaes de Santiago, foron destituídas e izada a bandeira galega.

No Diario de la Marina dista mañá, lêmol-o seguinte cabre:
«VILA REAL DO SANTO ANTONIO» Portugal, juño 28 (AP). As autoridades diste porto anunzian qui o tránsito fluvial coa Hespaña, pel-o Miño, foi suspendido, debido á unha folga. Os ferrocarrís portugueses recibiron permiso pra tocar en Ayamonte, sobre o Guadiana, e tomar pasaxeiros destinados á Portugal.

Parsoas ben informadas qui chegan de Santiago de Compostela, dín que na manifestazión do sábado, nisa cibdade, izou-se na Casa Consistorial a bandeira branco-azul da Galiza, procramándo-se a Repúbrica Galega. As autoridades locaes foron destituídas, e Alonso del Río nombrado xefe da Junta Revoluzonaria.

Río dixo, ao falar ao pobo, qui dinantes qui entregáren-se aos adversarios, ístos pasarían sober os seus cadavres».

Nante taes acontezimentos, quí pensan faguel-os galegos en Cuba? Pensará seguir dormidos sen dar mostras de diñidade cibdadán galega? Siguirán sentíndo-se hespañoes e pensando «pedir unha autonomía adiministrativa pra Galiza»?

__________

Irmaos galegos:
Ergamol-a testa algunha vez, ollemos ao ourizonte, revistámo-nos de vaor cívico e aicedamos âs súpricas da nosa Galiza, da Galiza qui percisa da ajuda de tudol-os seus fillos nista hora suprema, pra ceibar-se da oprobiosa escravitude á qui a tên sometida o despótico Centralismo hespañol. Sumémo-nos â Revoldaina Arredista Galega aitual, ben enviando recursos pra sostêl-a, ja embarcándo-nos pra, unha vez na nosa Patria, empuñal-as armas e loitar valentemente até morrer ou venzer na contenda.

Viv´a Revoluzón Arredista Galega!!
Viva Galiza Independente!!
Viv´a Confederazión de Repúbrica Ibéricas!!

G. Enxebre Justiz,
Persidente do
Comité Revoluzonario Arredista Galego.

Apartado 771.–Habana

29 Juño do 1931

Sem comentários:

Enviar um comentário