sexta-feira, 24 de maio de 2013

Comunicado «Festa da República Galega» 2012

Ola!
O próximo domingo 1 de xullo, 2012, vai ter lugar na vella Estación de Tren de Ordes a FESTA DA REPÚBLICA GALEGA, un acto para conmemorar o 81 aniversario da proclamación desta data que atinxe xa a súa segunda edición. A festa comezará arredor das 12h e haberá sesión vermú, xantar (cada quen deberá traer a súa comida!), e moitas actividades e concertos pola tarde.
Ás persoas que organizamos o evento, de asociacións da Laracha, Cerceda e Ordes, gustaríanos convidarvos a compartir con nós este día. Pretendemos que o tecido asociativo de todo o país teña un espazo para expoñer os seus traballos ou vender o seu material. Podedes traer un pequeno posto para darvos a coñecer, ou se o preferides simplemente achegarvos e unirvos á festa!
Grazas de antemán e parabéns polo voso traballo.
Viva a República Galega!


A.C. A Revoltaina Cultural da Beira de Bergantinhos
A.C. Lucerna
A.C. Foucelhas

Sem comentários:

Enviar um comentário